lunes, 9 de diciembre de 2013

Manifesto #NonSenEvidencia ( #nosinevidencia)

Es impresionante salir del gimnasio contestando correos, hacer la cena, fregar algunos platos y ya cansado de todo el día, meterte en Twitter para ver la que se ha liado. La semana pasada comencé a dar la tabarra por redes sociales y correo electrónico a allegados intentando explicar el despropósito de la AEMPS con los homeopáticos, luego vino la entrevista para El Mundo y para El Pais . Con mucha ayuda, el miércoles 4 promoví una petición en CHANGE.ORG dirigida al ministerio (FÍRMALA YA!) . Hoy somos muchos más y estamos unidos para que no nos vendan pamplinas que se hacen pasar por medicamentos: cada uno es libre de tomarse lo que quiera, pero es responsabilidad del estado y de la comunidad científica y sanitaria  que los ciudadanos dispongan de la información suficiente para tomar decisiones; particularmente  aquellas que incumben al cuidado de su salud. Calificar a los productos homeopáticos de "medicamentos sin reivindicación terapéutica" supone engañar al consumidor prometiendo efectos que nunca se ha demostrado que existan, a la vez que supone una competencia desleal hacia los medicamentos cuya eficacia y seguridad están contrastadas. Esta es mi motivación para adherirme diametralmente al manifiesto que, haciendo honor a mi patria, os transcribo en mi lengua materna.:

A evidencia científica é unha das pedras angulares nas que se asenta a medicina moderna. Isto non sempre foi así: durante anos empregáronse tratamentos médicos sen comprobar previamente a súa eficacia e seguridade. Algúns foron efectivos, aínda que moitos tiveron resultados desastrosos.
Non obstante, na época da historia da humanidade na que máis coñecementos científicos se acumulan, existen aínda pseudo-ciencias que pretenden pasar por disciplinas próximas á medicina e chegar aos pacientes sen demostrar ningunha efectividade nin seguridade.
Os asinantes deste manifesto, profesionais sanitarios e doutras ramas da ciencia, xornalistas e outros, somos conscientes de que a nosa responsabilidade, tanto legal coma ética, consiste en achegar o mellor tratamento posible aos pacientes e velar pola súa saude.
Por iso, a aparición nos medios de comunicación de noticias sobre a apertura dun proceso de regulación e aprobación de medicamentos homeopáticos preocúpanos como sanitarios, científicos e cidadáns, e cremos que debemos actuar ao respecto. As declaracións da directora da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) asegurando que “non todos os medicamentos homeopáticos teñen que demostrar a súa eficacia” e que “a seguridade non se ten que demostrar con ensaios clínicos específicos” non fan senón aumentar a nosa preocupación.
Polo tanto, solicitamos:
  1. Que non se aprobe ningún tratamento que non demostrase, mediante ensaios clínicos reproducibles, unhas condicións de eficacia e seguridade polo menos superiores ao placebo. A regulación duns supostos medicamentos homeopáticos sen indicación terapéutica é unha grave contradición en si mesma e debe ser rexeitada. Se non está indicado para nada, para que hai que empregalo?.
  2. Que a AEMPS retire da comercialización aqueles fármacos, de calquera tipo, que malia ser aprobados, non demostrasen unha eficacia maior que o placebo ou que presenten uns efectos adversos desproporcionados.
  3. Que o Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade e o resto de autoridades sanitarias persigan aquelas empresas que atribúen aos seus produtos calidades curativas ou beneficiosas para a saúde sen demostralo cientificamente.
  4. Que o Consello Xeral de Colexios de Médicos de España / Organización Médica Colexial, en cumprimento do artigo 26 do Código de Deontoloxía Médica, desaprobe aos facultativos que prescriban tratamentos sen evidencia científica demostrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguro que se te ocurre algo más, suéltalo: